Sobre nós

Xente que axuda a xente

Persona de soporte
O equipo humano de Contidos Dixitais formámolo profesionais e técnicos especialistas con gran experiencia nos ámbitos da ensinanza e as humanidades (pedagogos, deseñadores instrucionais, redactores), desenvolvemento web, programación e deseño gráfico. Somos persoas comprometidas co e-learning e traballamos a diario para que Chamilo LMS sexa máis seguro e sinxelo.

Pero, por enriba de todo, somos xente que axuda a outra xente. Levamos gravado a fogo o desexo de compartir o noso coñecemento e a determinación de contribuír co noso traballo a mellorar a educación, o único que poderá cambiar o mundo.

A punta do noso iceberg

Noa Orizales
Directora de proyectos e Co-fundadora Chamilo

Noa Orizales lidera o equipo. É a parte máis visible de Contidos Dixitais.

Curiosa por natureza, fórmase en humanidades e todo indica que, coma os seus pais, vai ser profesora. Pero as novas tecnoloxías e o e-learning se cruzan no seu camiño e remata montando a súa empresa e cofundando a asociación Chamilo, unha entidade sen ánimo de lucro na cal o software pertence á comunidade. Hoxe é a coordinadora de comunicación deste proxecto.
Contidos Dixitais - Noa
O posto vaille como anel ao dedo porque a Noa lle encanta escribir e falar coa xente e é unha boa catalizadora de proxectos e unha creadora de sinerxias nata. Apaixonada de calquera artiluxio tecnolóxico relacionado coa ecoloxía, Noa non podería vivir sen estar en contacto coa natureza e
non perdoa os paseos coas súas cadelas. Soña con ter unha horta: «Gústame vivir cos pés na terra e causando o menor impacto posible. Prefiro deixar a miña pegada con proxectos como Chamilo

A nosa historia

Os comezos

Galicia. 2006. Nacemos coma unha empresa que desenvolve cursos de e-learning á medida e en galego. Eramos 100% xasp (xoves aínda que sobradamente preparados) e 100% inxenuos. Axiña nos decatamos de que o camiño era outro.

 

Facémonos alternativos

Cambiamos de rumbo e en 2007 convertímonos na primeira empresa española provedora oficial no noso país de Dokeos, daquela a principal alternativa á plataforma Moodle.

 

O clic na cabeza

Coñecemos a Yannick Warnier, xefe de desenvolvemento de Dokeos e promotor de Dokeos Latinoamérica, e decontado conectamos con el e coa súa visión do mundo e do e-learning. É igualiña á nosa. E xuntos caemos na conta de que xa non compartimos a filosofía nin o xeito de facer de Dokeos. Avecíñase outro cambio.

 

Voamos sos

Tras moitos cafés e horas de Skype decidímonos: queremos unha plataforma virtual de código libre para que calquera usuario ou empresa poda empregar, modificar, mellorar e compartir o seu código. Así, en 2010, nace Chamilo. Finalmente facemos o que queremos e como queremos.

Chamilo

Máis de 30 millóns de usuarios contentos non poden enganarse
Chamilo Logo
A esta altura xa sabes que Chamilo LMS é una plataforma de código libre con todo o necesario para poñer en funcionamento o teu campus virtual e xestionar a túa formación e-learning. Que é doada de usar, intuitiva e accesible a nivel técnico. Que a súa interfaz é clara e limpa. Ou que integra todo tipo de ferramentas de creación de contidos e podes impartir formación en varios idiomas.

O que pode que aínda non saibas é que Chamilo ten, coma os camaleóns, a capacidade de mimetizarse en distintos entornos profesionais. De aí o seu nome.

O noso software é tan sinxelo e versátil que é a ferramenta perfecta para crear espazos de e-learning para unha academia de ioga, unha multinacional de recursos humanos, unha cooperativa cultural, un hospital, unha empresa de coaching e mindfulness ou unha academia para preparar oposicións.

Desde Contidos Dixitais, nestes anos axudamos a formar, con infraestrutura e contidos, a máis de 100.000 alumnos. Pero é que en todo o mundo o usaron xa máis de 30 millóns de persoas a través de máis de 3 millóns de cursos virtuais.

Comproba con feitos o tipo de empresa que somos

icono apretón de manos

Somos “slow”

Traballamos de forma orgánica e respectuosa coas persoas.

As reunións preferimos facelas polas mañás para que todos podamos conciliar e non marcamos deadlines imposibles. Gústanos facer as cousas con mimo, dedicación e tempo.

Ordenador desbloqueado

Apoiamos de verdade o software libre

Facémolo aportando o noso tempo, cos nosos desenvolvementos, elaborando tutoriais e guías, participando en sesións e webinars e respondendo preguntas da comunidade no foro público. Compartindo, ensinando e facendo todo o posible para que a comunidade Chamilo medre. Ademais, destinamos o 5% dos nosos beneficios anuais a Chamilo e a outros proxectos de software libre.
Trabajo en equipo

Somos responsables
e solidarios

Apuntámonos a un bombardeo e máis se é por un bo fin. A nosa empresa apoia a distintas asociacións (protectoras de animais, de visibilización do veganismo, á Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica-AGAELA) e cada ano por Nadal damos a coñecer unha causa social e facemos unha donación. Ademais, todos os nosos desenvolvementos e reparacións se aportan íntegros ao código fonte de Chamilo.
Gorro académico

Somos pro educación de calidade

Subscribimos ao 100% o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 4. Cremos que é vital (pero máis que nada xusto) garantir unha educación de calidade, inclusiva e equitativa, logo de promover tamén as oportunidades de aprendizaxe para todos. Estamos convencidos de que Chamilo é unha ferramenta perfecta para contribuír a logralo.
Agora que xa nos coñeces. Empezamos o teu proxecto?


    1. Responsable de los datos: E-Contidos S.L. Urb. As Rozas 24, 27150 Outeiro de Rei, Lugo-España.

    2. Finalidad de los datos: Responder a tus consultas o enviar información que nos solicites.

    3. Almacenamiento de los datos: Comvive Servidores S.L. (UE).

    4. Derechos: Tus datos no serán cedidos a terceros. En cualquier momento puedes limitar, recuperar y borrar tu información.