Blog

Formación online socio-sanitaria

volver-portafolio

Cliente: Aulainterdisciplinar.

logo-aulainterdisciplinar

Esta empresa, que está no mercado desde os anos 90 pero que cambiou agora a súa denominación, trata de contribuir á socialización e extensión do saber científico, a formación continua dos profesionais en todos os niveis e áreas de coñecemento e o apoio a entidades implicadas en labores sociais, a través da organización de cursos presenciais e a distancia, Xornadas, Congresos, Seminarios, publicación de libros sobre temáticas de interese, asesoramiento e axudas a ONG.

Para eles desenvolvimos un portal web co detalle da súa oferta formativa e comité científico organizador, conectada cunha tenda online que lles permite realizar aa venda dos seus cursos e emitir facturas (xestionando, inclusive, as peculiaridades de facturación de Canarias).

Contan tamén cun campus chamilo e-learning que lles permite xestionar os seus cursos online tanto para España como para latinoamérica.

Impartiron numerosos cursos (acreditados e avalados por distintas institucións públicas, incluindo títulos de Master e Experto) en diferentes campos do ámbito da saúde, a miles de alumnos a nivel nacional e internacional (sobre todo latinoamericanos).


Leonardo Ruíz Pérez. Gerente de Aula Interdisciplinar.

foto-leonardo
“Estamos profunda e plenamente satisfeits e agradecidos do magnífico traballo desenvolvido por Contidos Dixitais para a nosa empresa, Aula Interdisciplinar. Desde Contidos Dixitais entenderon as nosas necesidades desde un primeiro momento e ofrecéronnos un servizo inmellorable desde todos os puntos de vista. Un traballo dunha calidade excelente desenvolvido por un gran equipo humano, que está sendo recoñecido, valorado e aplaudido por todos os nosos/as compañeiros/as e usuarios/as da web.”


aulainterdisciplinar_port1

campus_aula

tienda_aula

tienda_aula_1

Emiliano Orizales Orizales

Comentarios

0 Comments