Cliente: Hospital Vall d´Hebron.
O Hospital Universitario Vall d’Hebron é o complexo hospitalario máis grande de Cataluña e un dos máis grandes do Estado español. Ten un equipo de case 7.000 profesionais e un presuposto de 579 millóns de euros. Atende actualmente a unha poboación duns 400.000 habitantes. Con máis de 1.100 camas, o Hospital engloba prácticamente todas as especialidades médicas e cirúrxicas e dispón das modalidades asistenciais que necesita para a súa cobertura, así como servizos clínicos e unidades clínicas de soporte, centros docentes universitarios, empresas públicas de servizos sanitarios, centros de investigación, laboratorios e outras instalacións que completan a actividade asistencial do Hospital.
No seu afán por mellorar a preparación do seu persoal sanitario, o Hospital lanzou o seu proxecto de formación e-learning con Chamilo para cubrir as necesidades dos seus médicos e outros profesionais sanitarios. Actualmente conta con 14.000 alumnos matriculados no seu campus e máis de 10 cursos de diferentes áreas (hematoloxía, neonatoloxía, pediatría, etc.)

Contidos Dixitais realiza o mantemento técnico do seu campus virtual, a elaboración de plantillas e contidos formativos en formato multimedia, e o asesoramento no uso de ferramentas de autor como Lectora Inspire, que facilitan a produción de maneira rápida e escalable por parte do equipo da área de e-learning do Hospital.
[slideshare id=11767006&doc=expoelearning2012chamilo360huvh-120227053951-phpapp02]
Andreu de Haro. Técnico de gestión de la Unidad de Formación, Docencia e Investigación del Hospital Universitari Vall d’Hebron
“Con Contidos Dixitais conseguimos que lo difícil sea fácil, ofreciendo soluciones a los problemas que puedan surgir. Básicamente nos ofrecen proximidad, profesionalidad e innovación.”
0 Comments