Casos de éxito – Clases virtuais de inglés contra o reloxo
Instituto Europeo
O reto: dar clases online sen perder calidade
Instituto Europeo é unha academia de inglés que conta con múltiples centros que imparten formación desde os 3 anos ata a idade adulta.
En plena crise da Covid-19, precisaron actualizarse moi rápido para continuar dando servizo tanto aos seus franquiciados como aos seus alumnos, que a causa da pandemia debían conectarse obligatoriamente desde os seus domicilios.
Que fixemos para arranxalo?
Crear un campus personalizado
Proporcionamos de maneira áxil e eficaz un campus virtual adaptado á súa imaxe corporativa.
Instalar un sistema de videoconferencias
Integramos na súa plataforma un completo sistema de videoconferencia que permite manter as clases de xeito virtual sen perder a frescura das sesións presenciais cara a cara.
Dar o novo servizo en tempo récord
Foi un traballo contra o reloxo, pero por esta academia online pasaron xa máis de 4.000 alumnos de todos os niveis.
Estás buscando algo así?
Queres poñer en marcha o teu campus e-learning?