Casos de éxito – Espazo online propio con apoio técnico
Esteve Teijin
O reto: mellorar a formación corporativa
Esteve Teijin Healthcare, joint venture entre a firma española Esteve e a xaponesa Teijin, é unha compañía dedicada ás terapias respiratorias domiciliarias con preto de 250 empregados e sede en Barcelona. Precisaban poder formar aos seus traballadores para capacitalos e mellorar os tempos para formar ao novo persoal nunha contorna virtual propia e personalizada, que se axustase ás súas necesidades e características. Puxémonos traballar con ese obxectivo.
Que fixemos para arranxalo?
Crear un aula virtual “customizada”
Desenvolvimos para eles un campus virtual 100% personalizado e con apoio técnico para que o seu equipo de formación puidese dar resposta ás necesidades do día a día relativas ao onboarding de novos empregados e á reciclaxe do persoal que xa formaba parte da compañía.
Facer máis doado o proceso de onboarding
A formación de acollida xestiónase co campus para as diferentes áreas (sanitaria e almacén) do persoal da compañía, permitindo así axilizar o tempo que transcorre entre que un empregado accede á empresa e se instala no seu posto de traballo.
Compaxinar sistemas
Realizamos a conexión do sistema de Single Sign On da intranet de Esteve baseado en Azure coa infraestrutura de Chamilo para permitir aos seus empregados o login desde a intranet da empresa
Un espazo propio de e-learning
A formación corporativa de Esteve Teijin mellorou grazas ao aula virtual que puxemos en marcha. Case o 100% do persoal fixo cursos de e-learning: tanto de acollida como de fármaco vixilancia, soporte ao paciente…
Esteve Teijin: a alianza comerciall
Fundado no 1929, Esteve é un grupo químico-farmacéutico de capital nacional, cunha presenza internacional en expansión e con máis de 1.700 colaboradores/as en todo o mundo. Pola súa banda, Teijin, nacido un pouco antes, no 1918, é un grupo tecnolóxico líder en Xapón, sobre de todo en servizos de terapia respiratoria na casa, con máis de 400.000 pacientes domiciliarios aos que asiste en todo o mundo. A alianza comercial e estratéxica entre ámbalas compañías selouse no 2008.
Estás buscando algo así?
Queres poñer en marcha o teu campus e-learning?