Casos de éxito – Módulos específicos para bonificar cursos
Grupo Borealis

“Contidos Dixitais aportounos claridade, proximidade, solucións e un servizo de alta calidade. Despois de traballar con outras plataformas e-learning e partners, sen dúbida atopamos a ferramenta axeitada e os compañeiros de viaxe que necesitamos.”
O reto: ofrecer cursos bonificados
Grupo Borealis é unha empresa radicada en Tenerife especializada en formación, coaching, liderado e desenvolvemento persoal.
Chegaron a Contidos cunha petición clara: poder bonificar parte dos cursos que xa tiñan na súa carteira.

Que solución lles demos?

Implementar módulos específicos
Preparamos para eles un campus virtual con módulos específicos para a xestión dos requisitos necesarios para a obtención da bonificación dunha formación ante FUNDAE (SEPE): informes, detalles nas datas de inicio/fin, progreso e avance nas leccións, resultados de tests, emisión de certificados, exportación completa de datos por alumno e curso; e creación de perfís de supervisor para os inspectores de FUNDAE.

Dar apoio técnico
Axudámoslles na localización das ferramentas necesarias para poder autoproducir en formato SCORM os seus propios contidos dixitais.

Realizar deseños á medida
Tamén os acompañamos mellorando o campus para adaptalo ás cambiantes necesidades e novos requerimentos que precisa a formación bonificada para non ter ningún problema á hora de bonificar os seus cursos. Adaptamos para eles diferentes tipos de informes e funcionalidades que fan máis cómoda a extracción de datos no día a día.
Casi 4.000 personas formadas
O e-learning que ofrece o Grupo Borealis chegou por agora aos 3.800 alumnos mediante distintos cursos online.

Estás buscando algo así?
Queres poñer en marcha o teu campus e-learning?