Casos de éxito – O mesmo e-learning para 17 comunidades

Tesourería Xeral da Seguridade Social

Casos de Éxito: Tesourería Xeral da Seguridade Social - Contidos Dixitais

O reto: formar á vez en 17 territorios

Cando chegaron a nós, varios organismos públicos liderados pola Tesourería Xeral da Seguridade Social (o INSS, o ISM e o IMSERSO) necesitaban lanzar dous cursos de formación para preparar as oposicións de promoción interna do corpo de administrativos e xestión. A causa da diversidade xeográfica dos alumnos, a TXSS optou por Chamilo LMS como sistema de formación virtual, facilitando así un acceso igualitario aos funcionarios das 17 comunidades autónomas de España.
Tesourería Xeral da Seguridade Social

Que solución aportamos?

Adecuar Chamilo ao seu sistema operativo

A nosa plataforma adáptase coma un camaléon e rapidamente logramos acomodala ás necesidades e ao funcionamento da institución.

Personalizar o seu campus

A TXSS contou cun paquete de horas de desenvolvemento que permitiron personalizar o campus tanto a nivel gráfico como incorporar ou modificar algunhas das ferramentas xa existentes no portal.

Facer un manual de instrucións

Tamén nos encargamos da elaboración dun manual do alumno en formato html accesible desde o portal.

Diminución de gastos

Mediante este campus de e-learning formáronse máis de 10.000 funcionarios, o cal permitiu reducir os gastos de desprazamento e aqueles asociados á formación presencial tradicional.
Casos de Éxito: Tesourería Xeral da Seguridade Social - Contidos Dixitais

Estás buscando algo así?

Queres poñer en marcha o teu campus e-learning?


    1. Responsable de los datos: E-Contidos S.L. Urb. As Rozas 24, 27150 Outeiro de Rei, Lugo-España.

    2. Finalidad de los datos: Responder a tus consultas o enviar información que nos solicites.

    3. Almacenamiento de los datos: Comvive Servidores S.L. (UE).

    4. Derechos: Tus datos no serán cedidos a terceros. En cualquier momento puedes limitar, recuperar y borrar tu información.