Casos de éxito – Solución áxil e eficiente
Thales
“Con Contidos melloramos en axilidade e eficiencia nas formacións que impartimos,
pero durante a pandemia ten sido un aliado imprescindible para non perder o ritmo.”
pero durante a pandemia ten sido un aliado imprescindible para non perder o ritmo.”
O reto: un novo departamento de e-learning
O Grupo Thales é unha compañía francesa de electrónica —con sede en Neuilly-sur-Seine e cuxas accións cotizan no Euronext París— dedicada ao desenvolvemento de sistemas de información e servizos para os mercados aeroespacial, de defensa e seguridade. A división española desta multinacional contactou con Contidos Dixitais con varias frontes abertas:
- Necesitaban un campus virtual co cal formar online a todo o seu persoal
- Querían crear unha serie de cursos multimedia para os traballadores
- Qentían que non tiñan o tempo necesario para formar aos seus empregados e crear un departamento de e-learning
Que fixemos para solucionalo?
Facer un campus autónomo
Desenvolvimos para eles un campus virtual con Chamilo LMS, co seu propio dominio e a súa imaxe corporativa desde o cal, de xeito autónomo, poden xestionalo todo: altas e baixas do seu persoal, novos cursos, certificados, facer seguimento e comunicar de maneira masiva e eficiente mediante os sistemas de anuncios.
Dar soporte ao equipo
Creamos un programa mensual de acompañamento para arroupar ao equipo de Thales, resolver calquera dúbida do seu paso ao mundo online e apoialo na creación de cursos.
Desenvolver cursos en formato SCORM
Tamén fixemos cursos SCORM axustados ao seu plan formativo, abranguendo distintas temáticas: seguridade aeronáutica, continuidade de negocio, teletraballo, prevención do fraude, primeiros auxilios…
Crear contidos novos
Sobresae en especial o curso sobre igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, totalmente adaptado ao seu plan de igualdade, segundo require a normativa actual para empresas de máis de 100 traballadores.
Máis de 1.600 traballadores formados
O novo campus virtual de Thales supuxo todo un desafío. Cremos que saímos airosos da misión: a compañía formou a 1.600 empregados mediante a plataforma Chamilo e impartiu máis de vinte cursos ata agora. Obxectivo cumprido.
Thales España: tecnoloxía que vai por diante
Thales España é líder en solucións tecnolóxicas aplicadas aos campos de Defensa, Aeronáutica, Seguridade, Transporte e Espazo. Cunha facturación anual de 300 millóns de euros, esta multinacional exporta arredor do 40% da súa produción total, máis que nada aos mercados de Oriente Medio, Norte de África e Latinoamérica. Thales dispón de oficinas nas principais cidades españolas e a súa presenza fíxose imprescindible en sectores estratéxicos como defensa, espazo e seguridade civil para ferrocarrís, aeroportos e instalacións enerxéticas de petróleo e gas.
Estás buscando algo así?
Queres poñer en marcha o teu campus e-learning?