Personaliza o teu e-learning con contidos feitos á túa medida
Dixitalizamos os teus contidos
Non os busques, non os hai. Por iso non temos catálogo. Só creamos contidos ad hoc, á medida e totalmente personalizados.
Desenvolvemos a túa estratexia formativa e definimos o teu proxecto dixital: desde a guionización (a “arquitectura” das experiencias de aprendizaxe) e a produción ata o deseño gráfico, os elementos multimedia e a conversión a SCORM/HTML5. Os contidos que nos pidas sempre serán de calidade, claro, pero tamén 100% exclusivos: o teu curso será só teu e de ninguén máis.
Para mostra un botón, amosámosche algúns contidos que creamos
Crea experiencias de aprendizaxe atractivas que realmente funcionen
As túas clases online xa non voltarán ser aburridas:

Prácticos

Útiles

Cultura corporativa

Seguimiento

Pensado para ti
QUERES QUE OS TEUS CONTIDOS SEXAN AGRADABLES E DOADOS DE DIXERIR?
Conta aos teus alumnos algo co que se sintan conectados. E cóntallo ben
Que facemos en Contidos Dixitais para que os teus contidos se adecúen ao perfil dos teus usuarios e sexan asimilados de forma eficaz?
Os teus programas de e-learning deben fomentar a curiosidade e a participación; a interacción é imprescindible; o feedback ten que ser inmediato; e é vital dosificar a información. Ti que cres que funcionará mellor? Un bloque de texto inacabábel ou un gráfico interactivo? Unha información longa e pesada ou pílulas de microaprendizaxe facilmente dixeribles? Un material insulso e impersoal ou outro con experiencias inmersivas baseadas en xogos e simulacións?
Fai que os teus alumnos conecten co contido formativo e maximiza o seu potencial de aprendizaxe.
SON ASÍ OS CONTIDOS QUE ESTÁS A BUSCAR?
Creativos e con gancho
Coa máxima compatibilidade
Feitos por especialistas
e para calquera sector
Queres que creemos contido xuntos?